luns, 17 de febreiro de 2014

mércores, 20 de novembro de 2013

PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA


Como todos os cursos, non podería faltar a primeira visita á biblioteca do centro, onde está a nosa amiga a curuxa. Encántanos ver contos e que nolos conten, xa que nós aínda non sabemos ler (pero pouco nos falta).
    Para os de tres anos é a primeria vez que entramos aquí, e gustounos moito esta experiencia. A profe Isabel contounos o conto do Lobo do Caurel. Aquí tedes a mostra do ben que o pasamos.


martes, 19 de novembro de 2013

Benvidos e benvidas ao noso blog.

Benvidos e benvidas ao noso blog. Millo verde é o sitio onde os pequenos e pequenas de infantil do CEIP dos Muíños de Muxía contamos as nosas cousas.

     Este curso comezamos coñecendo a historia da curuxa que temos no colexio. Leva varios anos vivindo aquí. Sabémolo porque ás veces atopamos algunha pluma polo chan ou mesmo a ten escoitado alguén nos anoiteceres tranquilos do inverno.
     Todos quixemos imaxinar como será e para amosalo, fixemos cada un a nosa curuxa de plastilina. Aquí está o resultado.